Daphne Jackson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1936 Peterborough, Reino Unido (pt) |
Morte | 8 de febreiro de 1991 (54 anos) Guildford, Reino Unido (pt) |
Presidenta da Sociedade de Enxeñaría das Mulleres | |
1983 – 1985 – Linda Maynard (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Peterborough County Grammar School for Girls (en) Imperial College London Universidade de Surrey |
Actividade | |
Ocupación | física, científico nuclear, enxeñeira |
Membro de | |
Premios | |
Daphne Frances Jackson, nada en Peterborough (Reino Unido) o 23 de setembro de 1936 e finada en Guildford o 8 de febreiro de 1991, foi unha física nuclear. En 1971 foi a primeira muller profesora de Física no Reino Unido. Recoñecida coa Orde do Imperio Británico en 1987. Un legado tras a súa morte permitiu a fundación da Daphne Jackson Trust.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Daphne Jackson foi á Escola primaria do condado de Peterborough para nenas, desde onde puido postularse para facer Física no Imperial College London.[1] Foi unha das dúas únicas alumnas nun curso de 99 estudantes.[2]
Jackson foi á Universidade de Surrey para estudar Física nuclear, convidada por Lewis Elton ao converterse en xefe do departamento de Física do Battersea College of Advanced Technology.[3] Foi profesora alí e obtivo o seu doutoramento no ano 1962.[4]
En 1971, Jackson converteuse na primeira profesora de Física de Gran Bretaña cando foi nomeada pola Universidade de Surrey,á idade de 34 anos[2].[4] Foi decana da Universidade e ocupou outros postos. Ocupou un posto de dirección no Servizo Meteorolóxico Nacional do Reino Unido e foi presidenta da Women's Engineering Society e vicepresidenta do Institute of Physics, despois de ser o seu membro máis novo.[3][5]
Jackson fixo campaña polos dereitos das mulleres e decepcionouse ao ver que as mulleres con talento quedaban en traballos humildes porque non podían volver a retomar a súa carreira despois dun descanso. En 1985, Jackson ideou un plan para axudar a estas mulleres permitíndolles traballar durante dous anos para que puidesen adaptarse á súa disciplina despois de tomarse un descanso para ter un fillo, ser coidadoras ou simplemente seguir a carreira do seu esposo en lugar da súa propia.[4] Jackson dixo: "Imaxina unha sociedade que permitiría a Marie Curie apilar andeis nun supermercado simplemente porque tomou un descanso na súa carreira por razóns familiares".[6]
Publicou 55 artigos sobre o uso da física nuclear en medicina. Recoñecida coa Orde do Imperio Británico no ano 1987. Morreu en Guildford en 1991 de cancro, enfermidade que axudaba a combater a través do seu traballo co Instituto de Investigación do Cancro e o Hospital Royal Marsden.[3]
Legado
[editar | editar a fonte]A Medalla e o Premio Daphne Jackson, establecidos en 2016, na súa honra, son outorgados polo Institute of Physics "a contribucións excepcionais noveis en educación sobre Física e para ampliar a participación dentro dela".[7]
O Daphne Jackson Trust foi fundado en 1992, baixo o seu legado, co fin de axudar a moitas persoas talentosas a regresar ás súas carreiras STEM despois de ter unha familia ou facer unha pausa na súa carreira.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrett, Anne (Archivist),. Women at Imperial College : past, present and future. New Jersey. ISBN 978-1-78634-262-1. OCLC 962171706.
- ↑ 2,0 2,1 "The first female physics professor". neutronsources.org. Consultado o 2023-12-22.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 R. C. Johnson, E. A. Johnson, 'Jackson, Daphne Frances (1936–1991)', Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004 accessed 18 outubro 2012
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Biography of Daphne Jackson, Daphne Jackson Trust, outubro 2012
- ↑ "Daphne Frances Jackson, física nuclear". Mujeres con ciencia (en castelán). 2017-09-23. Consultado o 2020-03-28.
- ↑ "Memorandum to the Parliamentary Select Committee on Innovation, Universities and Skills, Memorandum 50". 27 marzo 2008. Consultado o 31 outubro 2012.
Professor Daphne Jackson ... summarised the issue of women returners most succinctly by saying "Imagine a society that would allow Marie Curie to stack shelves in a supermarket simply because she took a career break for family reasons".
- ↑ "Daphne Jackson Medal and Prize". Institute of Physics. Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2018. Consultado o 11 xullo 2018.
- ↑ "Our history – Daphne Jackson Trust". Consultado o 2019-05-18.